Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Microeconomía. Mercados e Competencia
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/611G02010

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ter cursadas previamente as materias de Matemáticas I e II. Recoméndase o estudo simultáneo das Matemáticas II aos alumnos que cursan ADE+Dereito e non o puideron facer con anterioridade.

Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases.

Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes