Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 Durante o curso realizaranse tres probas tipo test.
A primeira delas computa o 10% da evaluación final. A segunda e a terceira un 20% cada unha delas.
50
Proba obxectiva A1 A3 A8 A11 B2 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das
oportunidades de avaliación.



Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta
as cualificacións obtidas nas probas de resposta múltiple, que supoñen, en
conxunto, o 50% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba
obxetiva, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5 puntos (o 50% da avaliación final).



Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta
encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.



Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento
da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.



As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a
cualificación de cero puntos na avaliación final.



A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non
participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de
resposta breve.



Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os
básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e
calculadora electrónica non programable.



Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles
e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de
almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material
similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na
páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se
considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen
teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os utilizase
ou non no curso desta.



O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as
datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as
restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá
poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do
cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito
calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación
a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes