Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Primeira oportunidade: 50% probas de avaliación continua e 50% proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen)sobre os contidos da materia.
100
 
Observacións avaliación

Todas as probas podrán ser realizadas na plataforma Moodle.

 A)   NORMATIVA
DE AVALIACIÓN:

 1.- Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información agás nos casos que o exame sexa non presencial en cuxas circunstancias se indicará que dispositivos se poden utilizar.

2.     Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.

B)  TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.     

2. Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no
que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do
curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo
polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos
primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade
de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos
con dedicación a tempo completo.

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

 
1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección

3.         Convocatoria
adiantada:  Na convocatoria adiantada, e
só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de la prueba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto
co enunciado desta.

 As probas non realizadas puntúan como cero. As
realizadas en fraude( suplantación da personalidade, copia , acceso ao exame dende un lugar non autorizado e sen permiso previo...) supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación
final.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes