Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística e Introdución á Econometría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística e Introdución á Econometría Código 611G02014
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.cancelo@udc.es
Profesorado
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
Perez Lopez, Jose Benito
Uriz Tome, Pilar
Correo electrónico
jose.cancelo@udc.es
benito.perez@udc.es
pilar.uriz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten dous contidos ben diferenciados. A primeira parte, Estatística, é a continuación da materia de primeiro curso “Estatística” e dedícase a presentar os conceptos e ferramentas da inferencia estatística, cuxo obxectivo é aproximar propiedades descoñecidas dunha poboación utilizando os resultados obtidos para unha mostra representativa da mesma. Préstase especial atención aos procedementos empregados para estimar os valores dos parámetros poboacionais descoñecidos, e para contrastar diversas hipóteses sobre os mesmos. A segunda parte, Introdución á Econometría, pretende establecer o papel da Econometría no contexto xeral da ciencia económica, introducir a terminoloxía e a linguaxe econométricos, e iniciar a aprendizaxe dos conceptos e das ferramentas básicas para a análise cuantitativa e empírica da economía.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías previstas: - Actividades iniciais. - Sesión maxistral. - Solución de problemas. - Prácticas a través de TIC. - Taller. - Traballos tutelados. - Proba obxectiva. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha, mantéñense todas as metodoloxías previstas na docencia presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. Os correos recibidos contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. De uso para expor consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas, e realizar o seguimento do traballo tutelado. - Moodle: diariamente. As mensaxes recibidas contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. En caso necesario crearanse foros específicos para cada actividade do curso, co fin de canalizar as discusións sobre os diferentes contidos da materia. - Teams: as sesións estableceranse a demanda do alumnado, expostas a través do correo electrónico ou de Moodle, tanto no que respecta ao número de persoas implicadas como ao contido das mesmas. Esta dinámica permitirá realizar un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver as actividades contempladas na materia. 4. Modificacións na avaliación Non se realizará ningunha modificación na avaliación. *Observacións de avaliación: Mantéñense todas as observacións de avaliación que figuran na guía docente, coa condición de que se o profesorado considérao necesario publicaranse no Moodle da materia adaptacións das normas de entrega específicas de actividades concretas, co fin de acomodar a súa avaliación ás novas circunstancias. Cada estudante será responsable de comprobar que o que entrega cumpre os requisitos establecidos nas normas adaptadas antes de proceder á entrega definitiva. As normas de entrega adaptadas publicaranse en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data límite de entrega da actividade correspondente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizará ningún cambio xa que todos os materiais de traballo da materia estarán dispoñibles de maneira dixitalizada en Moodle, ou se poderán descargar sen ningunha restrición de páxinas webs abertas a calquera usuario.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes