Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística e Introdución á Econometría
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

INFORMACION COMPLEMENTARIA DA PARTE DE ESTADISTICA

Na segunda semana do período de clases porase en Moodle a Guía Complementaria da Parte de Estatística. Este documento desenvolve diversos puntos da organización da docencia da primeira parte da materia, e recoméndase a todos os alumnos que o teñan presente ao longo do curso.

PROGRAMACION TEMPORAL DA DOCENCIA

A Estatística impartirase na primeira metade do período de clases, e a Introdución á Econometría na segunda. Dado que cada parte avaliarase por separado, a mediados do cuadrimestre xa se realizaron actividades de avaliación continua e unha proba obxectiva liberatoria que supoñen en conxunto o 50% da cualificación final. En consecuencia, é imprescindible que os alumnos se incorporen desde o principio do período de clases, e adquiran o máis rapidamente posible o ritmo normal de traballo, tanto presencial na aula como persoal fora da mesma.

REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. Para a primeira parte é moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas distribucións de probabilidade e o teorema central do límite. Para cursar a Introdución á Econometría requírense coñecementos previos de teoría económica en xeral, Estatística e Matemáticas. Ademais, dado que as aplicacións econométricas requiren a utilización de datos, é importante coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística.

TUTORIAS EN GRUPO

Cada alumno terá, ademais das horas normais de clase, catro horas de tutorías en grupo. Duas desas horas corresponden á parte de Estatística, e dúas á de Introdución á Econometría. O horario para a parte de Estatística e as actividades que se realizarán detallaranse na Guía Complementaria que se porá en Moodle na segunda semana do período de clases. A organización das horas correspondentes a Introdución á Econometría anunciarase cando comecen as clases desa parte.

NORMAS PARA A REALIZACION DE EXAMENES E OUTRAS PROBAS DE AVALIACION PRESENCIAIS

Os alumnos só poderán ter bolígrafo e unha calculadora científica non programable. Se fose necesario outro material para a realización da proba, será facilitado polos profesores, ou se anunciará en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data da proba.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Se un alumno é visto cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, suporase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. Os alumnos que traian dispositivos deste tipo o día da proba - incluídos teléfonos móviles - e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. Nese caso, os profesores non se fan responsables da súa posible perda ou extravío.

PROCEDEMENTO DE ACTUACION ANTE A REALIZACION FRAUDULENTA DUN EXAME

A realización fraudulenta dun exame suporá a aplicación inmediata do artigo 35 do Estatuto do Estudantado da UDC. O exame será cualificado cun cero, e esa nota é a que se utilizará no cálculo da nota final da acta da correspondente oportunidade. En concreto:

- Se a actuación fraudulenta corresponde a un exame liberatorio / prefinal ou ao exame oficial da primeira oportunidade, o cero aplicarase no cálculo da nota da acta da primeira oportunidade. Isto inclúe aos alumnos que se presenten ao exame oficial a subir nota, aos que non se lles respectará a nota que obtivesen no correspondente exame liberatorio /prefinal.

- Se a actuación fraudulenta corresponde ao exame oficial da oportunidade de xullo, o cero aplicarase no cálculo da nota da acta da oportunidade de xullo.

Ademais, se a actuación fraudulenta corresponde a un exame da primeira oportunidade, os profesores da materia establecerán as medidas cautelares que consideren pertinentes para garantir que o alumno infractor realiza o exame da oportunidade de xullo sen quebrantar a normativa vixente. Isto pode supor, entre outras posibles actuacións, que o alumno realice o exame da oportunidade de xullo nunha sala aparte, nun lugar específico da sala común, ou que a proba escrita substitúase por unha proba oral.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes