Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística e Introdución á Econometría
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

1) REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. É moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas propiedades da media e da varianza, as distribucións de probabilidade, o manexo das táboas estatísticas e o teorema central do límite.

2) NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN PRESENCIAIS

As persoas que vaian realizar unha proba presencial só poderán usar un bolígrafo e unha calculadora científica non programable. Se fose necesario outro material, será facilitado polos profesores no momento de realizar a proba, ou anunciarase en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data da proba para que o alumnado tráiao o día da súa realización.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. Nese caso o profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.

3) NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTROLADAS A TRAVÉS DE TEAMS

As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa comeza a proba antes de conectarse a Teams, desconéctase momentaneamente de Teams durante a realización da proba, ou continúa facendo a proba despois de desconectarse de Teams, a proba considerarase non entregada. Así mesmo cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba considerese non entregada.

O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade.

Salvo que se indique o contrario nas instrucións dunha proba concreta, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: só poderase usar bolígrafo e unha calculadora científica non programable; e non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa.

4) PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN ANTE A REALIZACIÓN FRAUDULENTA DUN EXAME

Todas as probas réxense polas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Máster Universitario da UDC, e nesta cuestión aplicarase o que establece o artigo 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

5) ADAPTACIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL Á MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

No caso en que a Facultade de Economía e Empresa determine que a docencia pase a desenvolverse de maneira semipresencial, as clases que estaban previstas impartir na aula impartiranse por videoconferencia a través de Teams. Salvo por esta modificación a actividade docente será exactamente a mesma que na modalidade presencial, de modo que continuarase aplicando todo o exposto nesta guía docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes