Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística e Introdución á Econometría
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

1) REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. É moi recomendable que os estudantes estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas propiedades da media e da varianza, as distribucións de probabilidade, o manexo das táboas estatísticas e o teorema central do límite.

2) ADAPTACIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL Á MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

No caso en que a Facultade de Economía e Empresa determine que a docencia pase a desenvolverse de maneira semipresencial, as clases que estaban previstas impartir na aula impartiranse por videoconferencia a través de Teams. Salvo por esta modificación a actividade docente será a mesma que na modalidade presencial, de modo que continuarase aplicando todo o exposto nesta guía docente.

3) OUTRAS CONSIDERACIÓNS

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato virtual e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes