Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Asignaturas
Política Económica
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. 60
Proba mixta Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
40

Observacións avaliación

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada e na segunda oportunidade é posible recuperar 2 puntos da avaliación continua.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes