Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Macroeconomía e Entorno Empresarial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 Durante o período lectivo poderanse realizar probas escritas que completarán a avaliación contínua de clase. No caso de non alcanzar na devandita avaliación (composta por discusión dirixida, estudo de casos, solución de problemas e probas escritas) a cualificación de, polo menos, aprobado, o alumno debe realizar o exame oficial da primeira oportunidade, e no seu caso da segunda oportunidade, o cal computará o 70 por cento da cualificación final. Este exame (tanto da primeira como da segunda oportunidade) constará de dous partes (unha de tipo test e outra de respostas razoadas a cuestións), esixíndose unha cualificación mínima en cada unha delas. Polo tanto, neste caso, a cualificación do exame (de 0 a 7 puntos) sumaráselle a cualificación obtida na avaliación continua de clase (de 0 a 3 puntos) para obter a cualificación da asignatura. 70
Discusión dirixida C1 C5 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións interactivas. 10
Estudo de casos A4 B8 B9 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos suscitados. 10
Solución de problemas A7 A11 A12 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos ás cuestións suscitadas nas sesións interactivas. 10
 
Observacións avaliación
Non presentado: Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.
 


O criterio de avaliación da segunda oportunidade baseáse nos memos criterios que na primeira oportunidade (ver enriba os criterios de avaliación).

 
Convocatoria adiantada-. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.
 
 
Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes