Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A8 B3 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Proba de resposta múltiple A4 A5 A9 A10 A11 B1 B6 B8 C5 C8 Durante o curso realizaranse tres probas tipo test.
A primeira delas computa o 10% da evaluación final. A segunda e a terceira un 20% cada unha delas.
50
 
Observacións avaliación
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das
oportunidades de avaliación.
Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en
conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta múltiple, que supoñen,
en conxunto, o 50% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba obxetiva, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5
puntos (o 50% da avaliación final)
Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta
encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no
momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.

As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a
cualificación de cero puntos na avaliación final.

A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non
participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas
de resposta breve.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son
os básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar
e calculadora electrónica non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos
móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia
e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou
material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do
exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma
supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con
independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou
material sinalado os utilizase ou non no curso desta.

O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas
acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co
profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia
se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o
mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes