Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B6 B8 C5 C8 Primeira oportunidade:
50% a evaluación continua e 50% proba mixta (examen).
Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
100
 
Observacións avaliación

A.
NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.
Condicións de avaliación
: está prohibido acceder á sala de exames con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de
información, excepto nas probas que se realicen en Moodle. Neste último caso,
indicarase ao alumno con qué tipo de dispositivo pode acceder ao examen.

2.
Identificación do alumno
: o alumno deberá acreditar a sua personalidade segundo
a normativa vixente.

B.
TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1.
Cualificación de non presentado
: corresponde ao alumno, cando só participa en
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, independientemente da cualificación acadada.

2.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de
asistencia:
agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á
proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal
dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros
dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o
devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con
dedicación a tempo completo.

3.
As probas realizadas en fraude (suplantación de identidade, copia, acceso ao
examen desde lugar non autorizado ou sin permiso previo …)  supoñen a cualificación de cero puntos na
avaliación final, independientemente de que a situación de fraude se de nunha
proba de avaliación continua ou en examen final.

 C. OPORTUNIDADES DE AVALIACCIÓN

1.
Primeira e segunda oportunidades
: aplicaránse os criterios de avaliación
indicados anteriormente nesta sección.

2.
Convocatoria adiantada
: na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase
unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios
da materia. Os criterios de puntuación de dita proba daranse a coñecer no
momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta. 

D.OUTRAS
OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

1. Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade
e  nos comportamentos persoais e
profesionais.

2. Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes