Cuestións xerais
Como é
preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e master universitario.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación
dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias).
Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden substituír por exercicios ou outras tarefas. Para a súa realización non se admitirán cambios de grupo, agás aqueles concedidos oficialmente pola Facultade, que sexan adecuadamente xustificados.
A cualificación de non presentado
corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con
unha ponderación inferior ao 20 por cento do total.
Oportunidades de maio e xullo
Para superar a materia deben obterse ao
menos 5 puntos (sobre un total de 10) sumando as cualificacións
correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba
obxectiva.
O sistema de avaliación será aplicado tal
como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con
independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de
dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización
das probas.
Oportunidade adiantada
Única e exclusivamente nesta oportunidade,
a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva
de maio e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe
nesta guía docente. Para superar a materia requírese obter un mínimo de 5
puntos (sobre un total de 10).