Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Subjects
  Econometrics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A3 A12 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Objective test A3 A8 A9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 70
 
Assessment comments

Cuestións xerais


Como é
preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e master universitario
.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación
dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias).

Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden substituír por exercicios ou outras tarefas. Para a súa realización non se admitirán cambios de grupo, agás aqueles concedidos oficialmente pola Facultade, que sexan adecuadamente xustificados.

A cualificación de non presentado
corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con
unha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

Oportunidades de maio e xullo


Para superar a materia deben obterse ao
menos 5 puntos (sobre un total de 10) sumando as cualificacións
correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba
obxectiva.

O sistema de avaliación será aplicado tal
como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con
independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de
dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización
das probas.

Oportunidade adiantada


Única e exclusivamente nesta oportunidade,
a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva
de maio e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe
nesta guía docente. Para superar a materia requírese obter un mínimo de 5
puntos (sobre un total de 10).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes