Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Teoría do Investimento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción e a capacidade para aplicalas á solución de problemas. 50
Seminario A3 A4 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 As probas de avaliación continua poderanse realizar indistintamente nas sesións de grupo de curso ou nas de grupos reducido (seminarios), polo que a súa avaliación será conxunta, dentro do 50% asignado a "Solución de problemas". 0
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 As TIC teñen nesta materia un papel instrumental. En consecuencia, aínda que non se valorará directamente a seu dominio, nalgúns casos prácticos avaliados poderían utilizarse ferramentas informáticas. 0
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 Valorarase na avaliación continua a resolución na aula de problemas , inseridos no proceso de aprendizaxe. As probas de carácter específico complementaranse con probas de carácter máis amplo, referidas aos epígrafes xerais do programa. 50
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son aplicables con total uniformidade nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. O conxunto das actividades prácticas, desenvolvidas no grupo de clase ou nos grupos reducidos, pondera un 50% na avaliación. Pola súa mesma natureza, as tarefas inseridas nas actividades de aula só poderán ser valoradas cando sexan realizadas de acordo coa súa programación, no momento previsto no grupo correspondente. No cómputo da cualificación da avaliación contínua poderase obviar, sempre con carácter xeral, o resultado obtido en algunha proba con peor cualificación ou non realizada.

De acordo coa normativa aplicable, os exámes deberán realizarse nas datas oficias establecidas, agás nos casos excepcionais expresamente previstos na normativa académica; e a cualificación de "non presentado" outorgarase cando só se participe en actividades que teñan un peso na avaliación inferior ao 20%, con independencia da cualificación acadada.

Na convocatoria anticipada a avaliación realizarase mediante unha proba mixta específica, comprensiva da globalidade dos contidos e competencias propios da materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes