Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Subjects
  Finance Theory
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse dúas probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 36% da cualificación final (máximo 3,6 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero.
36
Mixed objective/subjective test A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Exame da materia que supón o 64% da cualificación final que se pode obter (máximo 6,4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas acordadas pola xunta de facultade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 64
 
Assessment comments

A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da facultade. 

A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL e dispensa académica de exención de asistencia.

O/a alumno/a que concurra á OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN examinarase na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e con él poderá obter o 100% da cualificación.

O alumnado deberá IDENTIFICARSE na realización das probas mediante DNI, pasaporte ou tarxeta universitaria.


No caso de acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos MÓBILES acesos, non autorizados expresamente polo profesorado responsable, e/ou de REALIZACIÓN FRAUDULENTA dunha proba de avaliación, procederase á expulsión inmediata do/a estudante da proba e a aplicar o contemplado na normativa da universidade ao respecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes