Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Teoría do Financiamento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse varias probas de avaliación continua que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero.
60
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Exame da toda a materia que supón o 40% da cualificación final que se pode obter (máximo 4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas fixadas pola xunta de facultade. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Na SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN terase a posibilidade de recuperar a cualificación da avaliación
continua a través dunha proba que terá un peso do 40% na
cualificación final (máximo 4 puntos), cuxa cualificación substituirá á
obtida na avaliación continua de primeira oportunidade en caso de que
sexa superior a esta.

A OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN terá lugar na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame
será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e polo 100% da cualificación.

A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL e DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.

En
canto á COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

O/a estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes