Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade de Xestión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A12 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, ou en pequenos grupos, de xeito oral ou escrito 5
Proba mixta A3 A7 A8 A11 B1 B2 B3 C5 C6 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e cuestións prácticas. A parte teórica terá una valoración do 30% e a parte práctica o 30%. 60
Estudo de casos A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 B2 B4 Traballo en grupo no que se avaliarán, xunto coa súa capacidade de resolución de problemas, a capacidade de síntese, a capacidade para expresarse de xeito oral e escrito, o traballo en equipo, e a utilización das ferramentas teóricas de xeito práctico. 35
 
Observacións avaliación

A superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación na "solución de problemas" como na "proba mixta".
Na "proba mixta" é preciso ter acadado alomenos un punto da valoración na parte teórica e un punto da valoración na parte práctica para seren evaluado.
A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas e práctica e na que o/a alumno/a terá que desmostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes