Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Elaboración dunha memoria de Aprendizaxe servicio na que se comenten:
1) As actividades de servicio diseñadas e levadas a cabo durante o período ApS
2) Estimación -se é posible- do impacto económico/social de ditas actividades
3) Valoración crítica a contribución destas actividades a formación e aprendizaxe académica, especialmente relacionada coa materia, e tamén a súa formación como cidadáns.
Ete traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes.
Valorarase a calidade da memoria de acordo cos aspectos antes mencionados
20
Proba de resposta múltiple A8 A11 C1 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segundo a táboa que acompañará ao examen. 60
Presentación oral A9 A10 B4 C1 C3 Exposición verbal en clase sobre un determinado tema. A exposición terá unha duración aproximada de 12 minutos. Cada tema será elaborado en grupo e todos os membros do grupo participarán na exposición.
Deberase entregrar a presentacion en power point e os materiais empregados para a súa elaboración, agás para o caso de libros nos que se indicará no ppt os capítulos consultados nas referencias bibliográficas, tamén as referencias deben incluir os artigos pero é necesario enviar un exemplar dixital dos mesmos.
A presentación valorarase tendo en conta a callidade expositiva, a calidade e diversidade de fontes utilizadas e as respostas a preguntas que poida formular o profesor ou alumnos.
20
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o exame oficial o 60%. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na nota final da avaliación integrada pola proba ApS (20%), a proba de resposta múltiple (20%) e a presentación oral (20%), pero hai unha condición necesaria -non suficiente- a de obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. En caso de non chegar a devandita nota, a materia non será superada e a nota será a puntuación obtida no exame oficial.

As probas ApS e a presentación oral son probas que se realizan en formato de grupo. En relación á presentación oral, asignarase a cada grupo un tema para o seu desenrolo o cal se comuncará durante a terceira semana de setembro. O material entregarase na última semana de novembro e as presentacións faranse durante o mes de decembro. En relación ao ApS, esta proba está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto de aprendizaxe-servizo e tampouco se pode ofrecer a todos os estudantes. Os estudantes que non realizan ApS farán unha proba equivalente consistente en realizar un traballo sobre economía circular (unha análise organizacional e de xestión de procesos baseada no estudo de proxectos específicos ou empresas reais que aplican a economía circular nas súas actividades). No caso de que o ApS non se poida realizar todos os estudantes realizarán un traballo de economía circular.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final. 

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes