Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A11 B1 B7 Preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas 75
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización e presentación dun traballo sobre unha temática relacionada ou ben co goberno da actividade económica ou ben cos incentivos e dende un enfoque microeconómico. O traballo realizarase en equipos de 4 ou 5 estudantes. 25
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación será totalmente continua en base a probas de resposta múltiple (75%) e a realización dun traballo tutelado (25%). Na primeira oportunidade haberá ata un máximo de 3 probas de resposta múlitple nas cales a ponderación será  do 15% (primeira), 25% (segunda), e 60% (terceira) se hai tres e do 35% e 65% se hai dúas. As probas non supoñen eliminación de contidos, é decir, tanto se hai dúas como tres, os contidos da primeira proba forman parte da segunda e os contidos da primeira e a segunda forman parte da terceira. Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. As datas das probas definiranse en función do estado de avance das clases é comunicaranse cunha antelación mínima de unha semana. As datas de entrega do traballo tutelado serán na segunda semana de decembro.  

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo  haberá unha única proba de resposta múltiple (na data establecida como oficial para a segunda oportunidade) cunha ponderación do 75%; ademáis tamén formará parte da nota final a nota acadada no traballo tutelado (incluso aqueles alumnos que non fixeran este traballo terán a posibilidade de realizalo debendo entregalo antes da data da proba oficial). Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple.

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). A avaliación será totalmente continua en base a resolución de casos prácticos, probas de resposta múltiple, exposición de traballos, etc. O profesorado explicará os detalles da avaliación continua ó comenzo do curso. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, o profesorado lle plantexará a oportunidade de recuperar aquelas actividades que non acadaran o aprobado ou non as entregaran/fixeran. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes