Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 C1 C4 C5 C6 C7 C8 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de evaluación da convocatoria.

2. Consiste nun examen siguiendo os criterios expostos en metodoloxías.

50
Solución de problemas A8 A9 A10 A11 B1 B7 B8 B9 B10 1. Elaboración de un ou máis casos prácticos plantexados polo profesor, nos que se desenrolará algún ou algúns dos aspectos relativos ao contido da materia, ben sexa a do deseño dun Sistema de Información concreto (o parte dil), ben o estudo dun sistema en funcionamento, ben ás suas implicacións na organización empresarial; en particular as de índole organizativa e legal.

2. Os traballos desenrolaranse en grupos de 4 a 6 alumnos. Excepcioalmente e previa aprobación por parte do Profesor da materia ou do Tutor do grupo, permitiráse outro número de alumnos por grupo.

3. Forma parte esencial da evaluación a discusión do desenrolo do mesmo co Profesor da materia ou Tutor du grupo de desenrolo que se asine ao mismo. Por iso, a presencia nas reunións de seguemento do traballo é esencial para ser evaluado. En ningún caso se evaluará ao alumno fora deste contexto, sin perxuizo do dito nos puntos 4 e 5. Tales reunións terán lugar tanto na "Sesión maxistral" como no "Seminario" e na propia metodoloxía de "Solución de problemas", de modo tal que nas tres metodoloxías computanase as discusións dentro deste 50% de evaluación.

4. Para a evaluación consonte a esta metodoloxía teránse en conta: a) o traballo realizado en grupo; b) a discusión á que se fai referencia no apartado 3 anterior; c) a asistencia á clase e a participación efectiva e activa na mesma; d) as probas, no seu caso, referenciadas no ponto 5.

5. Forman parte desta metodoloxía as probas de evaluación continua que, a criterio do Profesor responsable de impartir a materia, se faigan co afán de ver e evaluar os avances do alumno. Tales probas poden revestir a forma de examen oral ou escrito, con preguntas cortas, preguntas a desenrolar, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

6. Os traballos iránse presentando, discutindo e evaluando consonte ao calendario que a tal fin publicaráse na web (Moodle).

7. Cualquera dúbida acerca deste apartado evaluativo ha de solventarse sustentándose a solución na idea de "evaluación continua".
50
 
Observacións avaliación

Na convocatoria adiantada, e só neste caso, faráse unha proba
mixta encamiñada a evaluar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daránse a
coñecer no momento da proba e suministraránse xunto co enunciado desta.

As probas non realizadas puntúan como cero. A calificación de
"Non Presentado" otorgaráse ao alumno que participe en menos dun 20%
das probas puntuables para a calificación final. As realizadas en fraude
supoñen a calificación de cero puntos na evaluación final.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da
proba son os básicos para contestar ao examen: lápis, bolígrafo ou pluma, goma
de borrar e calculadora electrónica non programable.











O alumno ten que acreditar a súa personalidade de acordo
á normativa vixente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as
datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as
restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá
poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do
cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito
calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación
a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes