Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Deseño Organizativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 B8 B10 C6 C7 C8 Traballos en grupo sobre unha empresa real. 30
Proba obxectiva A2 A3 B7 Examen tipo test 60
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 Análise de casos presentado en clase. 5
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade.
5
 
Observacións avaliación
Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade coma para xullo.
Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados realízanse ao
longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo dado que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación.
Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero no exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes