Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Deseño Organizativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B2 B3 B4 C1 Traballos en grupo e exposición oral dos mesmos. 50
Proba obxectiva A8 B7 B8 Examen tipo test 50
 
Observacións avaliación
  • Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame.
  • Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade coma para xullo.
  • Os traballos grupais tutelados realízanse ao
    longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo.
  • Os alumnos a tempo parcial deberán
    comunicarllo ós profesores. Nestes casos, os profesores valorarán a adaptación dos criterios de avaliación.
  • Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta no exame).
  • Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  • Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  • Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame ou traballo mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes