Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Deseño Organizativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B2 B3 B4 C1 Dous traballos en grupo e exposición oral dos mesmos. Un deles podería ser sustituído, a criterio do profesor, por pequenos casos prácticos a resolver na propia aula. 100
 
Observacións avaliación
  • Os alumnos coñeceran as cualificacións dos traballos antes da data marcada pola facultade do exame (Xuño ou Xullo).
  • Os criterios de avaliación e cualificación son, exactamente, iguales nas dúas oportunidades  (Xuño e Xullo).
  • Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, si realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno si non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame.
  • Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade como para xullo
  • Os alumnos que se matriculen a “tempo parcial”, deberán comunicálo o profesor. Nestes casos os profesores valoraran a adaptación dos criterios de avaliación.
  • As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle, coa suficiente antelación.
  • Os traballos grupales tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fose do período lectivo. No caso de non acadar a nota suficiente para aprobar os alumnos disporán ata unha semana antes da data marcada pola facultade para o exame de Xullo, para correxir e defender de novo os traballos que non acadaran a suificente avaliación.
  • Na defensa oral do traballo tutelado, participarán tódolos compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
  • Calquera información, aviso ós alumnos,… colgarase na plataforma Moodle. Enviarase un e-mail notificándoo.
  • É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividades programadas na materia.
  • Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima
    de 4 puntos sobre 10 puntos en cada traballo (non se calculará a nota media dos
    alumnos que obteñan unha nota menor que esta).

    Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  • Os alumnos que se presenten a proba adiantada, deberán realizar os mesmos traballos que os de probas normais. Para iso deberán contactar co coordinador da asignatura para que lles indique que traballos deberán realizar e datas de entrega.

É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail ca UDC lle asigne.

  • Recórdase que está prohibido acceder a calquer tipo de proba con ningun dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  • Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando traballos, exames ou probas mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.

NOTA IMPORTANTE ESTUDANTES DE INTERCAMBIO/ACORDO BILATERAL/ ERASMUS/...

As entregas de traballos estabeleceranse a principio de curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes