Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Deseño Organizativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B2 B3 B4 C1 Dous traballos en grupo e exposición oral dos mesmos. Un deles podería ser sustituído, a criterio do profesor, por pequenos casos prácticos a resolver na propia aula. 85
Proba mixta A1 B2 B3 B4 C1 O alumnado realizará unha proba mixta para demostrar a adquisición dos coñecementos teórico prácticos da materia. Poderán eximirse da realización da mesma o alumnado que acade unha nota media ponderada superior a 5,6 nos traballos tutelados. 15
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación:

Está prohibido acceder á aula do exame/probas/traballos concalquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamentode información. lémbrase que calquera alumno sorprendido realizando examenes, traballos ou probas mediantecalquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na convocatoria.

2. Identificación do estudante:

O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de nonpresentado:

Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Os alumnos a tempo parcial

deberán comunicarllo aos profesores. Nestes casos, os profesores valorarán a adaptación dos criterios de avaliación. É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividadesprogramadas na materia.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade:

Aplicaranse os criterios de avaliación indicados nesta sección:

Para superar esta materia os alumnos deberán realizar dous traballos grupais durante o transcurso do cuatrimestre e expolos oralmente en clase e unha Proba Mixta que os alumnos poderán eximirse caso superen unha determinada nota media cos traballos tutelados.

O primeiro traballo terá unha ponderación do 35% da nota final.

O segundo traballo terá unha ponderación do 50% da nota final.

Proba Mixta (Examen final) terá unha ponderación do 15% da nota final

Os alumnos que acaden unha nota de 5,6 sobre 10 de media nos traballos tutelados poderán eximirse da realización do exame final.

Os traballos grupais tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo.

Nas defensas orais dos traballos grupais participarán todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.

Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos en calquera dos dous traballos (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta).

Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

2. Segunda oportunidade:

Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Non obstante o anterior, na segunda oportunidade, establécense os seguintes criterios para unha plena igualdade entre ambas as oportunidades:

En caso de superar un dos traballos , gardarase a cualificación obtida neste e deberase repetir soamente o que non se superou. Establécense as seguintes opcións:

Alumnado que non alcanzou a nota mínima no traballo 1:

Deberán realizar o mesmo traballo que se lle encomendou ao principio de curso.

Alumnado que non alcanzou a nota mínima no traballo 2:

Deberán poñerse en contacto co profesor/a da materia paraque lles asigne unha nova organización sobre a que realizar o traballo (non se poderá realizar o traballo 2 sobre a mesma organización elixida na primeira oportunidade). No caso de que non se elixira aínda organización, deberase comunicar ao profesor/á organización elixida. En caso de non superar ningún dos dous traballos, deberán realizarse ambos nas condicións sinaladas anteriormente.

A data límite para a entrega dos traballos será catro días antes da data establecida no calendario oficial de exames da segunda oportunidade. A exposición e defensa dos traballos farase na data oficial do exame de segunda oportunidade.

Modo de entrega: a través de correo electrónico ao profesor/a de a materia.

3. Convocatoria adiantada:

Para aqueles alumnos que cumpran os requisitos esixidos para o acceso á proba adiantada, o criterio de avaliación será igual aos do calendario normal. Debendo entregar os traballos encomendados polos docentes da materia. Deberán contactar co Coordinador da Materia para que lles asigne os correspondentes traballos.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

Os alumnos saberán as cualificacións dos traballos antes da data marcada pola facultade para os examenes (Xuño ou Xullo).

Os criterios de avaliación e cualificación son, exactamente,iguais nas dúas oportunidades (Xuño e Xullo).

Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Por tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia.

As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle, coa suficiente antelación.

Calquera información, aviso aos alumnos,etc. colgarase nesta plataforma. Enviarase un e-mail notificándoo.

É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail que a UDC lle asigne.

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, Teams ou correio electrónico en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

NOTA IMPORTANTE ALUMNOS DE INTERCAMBIO/CONVENIO BILATERAL/ ERASMUS/...

As entregas de traballos estableceranse a principio de curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes