Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica e Política Empresarial II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dirección Estratéxica e Política Empresarial II Código 611G02033
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Garcia Rodriguez, Rafael Maria
Correo electrónico
rafael.garcia.rodriguez@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Garcia Rodriguez, Rafael Maria
Correo electrónico
m.gago@udc.es
rafael.garcia.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Este segundo curso de dirección estratéxica e políticas de empresa céntrase no estudo e deseño de políticas de empresa efectivas, utilizando a dinámica de sistemas como ferramenta de análise. Esta metodoloxía permite explorar novas estratexias e desenvolver unha profunda comprensión da empresa como sistema complexo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Proba mixta (computa na avaliación). – Solución de problemas (computa na avaliación). – Simulación. - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizarán cambios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente para solicitude de titorías por Teams (segundo o horario de titorías publicado). - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos foros da materia para formular as consultas necesarias. - Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia. Ademais, realizaranse as sesións que demande o alumnado en pequeno grupo (ata 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos problemas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: - Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes