Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Subjects
  Strategic Management and Bussiness Policy II
   Methodologies
Methodologies Description
Problem solving Exporanse en clase diferentes problemas que se someterán a unha análise por parte do alumnado. Algúns destes problemas poden requirir unha análise sistémica mediante a metodoloxía de dinámica de sistemas. Para a discusión deste tipo de problemas desenvolveranse en clase diferentes diagramas causais e de fluxo nos que se incorporarán diferentes políticas. Os problemas expostos permitirán reforzar no alumno aqueles conceptos, estruturas e políticas capaces de orixinar determinados patróns de comportamento (arquetipos sistémicos).
Mixed objective/subjective test A proba final é unha proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test, preguntas de resposta moi breve e preguntas de desenvolvemento. Esta proba final realizarase o día, hora e aula que figure no calendario oficial de exames fixado pola Xunta de Facultade.
Simulation Consiste no uso intensivo dos modelos de simulación proporcionados polo profesor para cada unha das políticas estudadas, seguindo os correspondentes pasos para a súa análise. Esta metodoloxía permite o estudo de diferentes políticas de empresa, enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contidos da materia. En cada unha das situacións expostas, os estudantes e o profesor involúcranse nun proceso de análise e discusión profundos acerca das consecuencias das políticas aplicadas.
Guest lecture / keynote speech Para o desenvolvemento da clase maxistral o alumnado dispoñerá previamente do material de estudo (temas e modelos de simulación) necesario para o seguimento da clase. A exposición do profesor farase asumindo que o alumnado xa traballou previamente o material correspondente, o que lle permitirá seguir cun maior aproveitamento os aspectos fundamentais do tema exposto. Igualmente, o alumnado exporá as dúbidas existentes que serán aclaradas polo profesor para toda a clase. Expoñeranse nas clases presenciais os contidos teóricos e prácticos da materia, orientando ao alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada como no material bibliográfico complementario que lle permitirá profundar naqueles aspectos que lle resulten de máis interese. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e ao seu grao de dificultade. O profesor, ademais de atender ás cuestións expostas polos alumnos nas sesións maxistrais, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de titorías reducidas. Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, previa petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención estea a tratarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes