Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica e Política Empresarial II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Exporanse en clase diferentes problemas que se someterán a unha análise por parte do alumnado. Algúns destes problemas poden requirir unha análise sistémica mediante a metodoloxía de dinámica de sistemas. Para a discusión deste tipo de problemas desenvolveranse en clase diferentes diagramas causais e de fluxo nos que se incorporarán diferentes políticas. Os problemas expostos permitirán reforzar no alumno aqueles conceptos, estruturas e políticas capaces de orixinar determinados patróns de comportamento (arquetipos sistémicos). Estes problemas subiranse a Moodle e deberán ser resoltos polo alumnado vía reunión en Teams.
Proba mixta A proba final é unha proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve. Esta proba final realizarase o día e hora que figure no calendario oficial de exames fixado pola Xunta de Facultade, a través de Moodle e Teams.
Simulación Consiste no uso intensivo dos modelos de simulación proporcionados polo profesor para cada unha das políticas estudadas, seguindo os correspondentes pasos para a súa análise. Esta metodoloxía permite o estudo de diferentes políticas de empresa, enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contidos da materia. En cada unha das situacións expostas, os estudantes e o profesor involúcranse nun proceso de análise e discusión profundos acerca das consecuencias das políticas aplicadas.
Sesión maxistral Para o desenvolvemento da clase maxistral o alumnado dispoñerá previamente do material de estudo (temas e modelos de simulación) necesario para o seguimento da clase. A exposición do profesor farase asumindo que o alumnado xa traballou previamente o material correspondente, o que lle permitirá seguir cun maior aproveitamento os aspectos fundamentais do tema exposto. Igualmente, o alumnado exporá as dúbidas existentes que serán aclaradas polo profesor para toda a clase. Expoñeranse nas sesións virtuais os contidos teóricos e prácticos da materia, orientando ao alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada como no material bibliográfico complementario que lle permitirá profundar naqueles aspectos que lle resulten de máis interese. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e ao seu grao de dificultade. O profesor, ademais de atender ás cuestións expostas polos alumnos nas sesións maxistrais, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de titorías reducidas programadas en Teams. Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, previa petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención estea a tratarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes