Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Subjects
  Strategic Management and Bussiness Policy II
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os distintos pasos e prazos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. Dependendo da natureza do problema para resolver, estes poden requirir unha resposta individual ou en grupo. Os distintos problemas terán que resolverse dentro do prazo fixado polo profesor. Non se valorará ningún traballo fóra dese prazo. A cualificación de cada problema variará en función do seu grao de dificultade. 40
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test, preguntas de resposta moi breve e preguntas de desenvolvemento.
60
 
Assessment comments

Asistencia ás clases co
maior grao de participación posible. Utilización do material de estudo
proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no
programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento
das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame
(proba mixta final): 60% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 40% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior
a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A estes efectos, establécense unha serie de
mínimos a superar tanto na parte A como na B. Parte A: é necesario obter unha
cualificación mínima de 2,5 sobre 6 na proba final. Parte B: establécese unha
cualificación mínima de 1,5 sobre 4 na resolución de problemas. A cualificación
da avaliación continua ha de ser obtida necesariamente ao longo do curso e o
seu desenvolvemento aterase ás instrucións proporcionadas polo profesor. Cando non se supere o mínimo establecido en calquera delas a cualificación final será igual ao mínimo de 4 ou a suma da nota das dúas partes

Os
criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de
cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. A convocatoria
adiantada só supoñerá o adianto da proba final (parte A), sendo necesario
seguir os criterios de avaliación expostos con anterioridade para a avaliación
continua (parte B), para o que é necesario seguir o calendario de entrega normal establecido
no curso. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual
e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión
de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase ao comezo de curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o
mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de
avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a
cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.

O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a valoración
supoñerá a cualificación de cero puntos na avaliación final. Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, e goma de borrar. Está
expresamente prohibido ter acceso durante o exame a teléfonos móbiles e
calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento
de información. A non observancia desta norma supón o que se considere como
realizada de modo fraudulento a proba. O alumnado terá que acreditar a súa
identidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes