Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica e Política Empresarial II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os procesos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. A valoración da capacidade desenvolvida para a solución de problemas realizarase a través de probas de avaliación continua. 50
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve.
50
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: o comportamento fraudulento
en calquera dos apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de
cero puntos na avaliación final.

2. Identificación do estudante: o estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: corresponde ao
alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
os estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos
criterios que os alumnos a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación anteriormente indicados no apartado de avaliación.

2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación
son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.  Gardarase a cualificación da avaliación continua
obtida ao longo do curso (parte B) para a segunda oportunidade.

3. Convocatoria adiantada: as condicións de
avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de  Avaliación, Revisión e  Reclamacións das  Cualificacións dos  Estudos de 
Grao e  Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha
proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (exame) como a B (solución de
problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Participación nas sesións. Utilización do material de estudo
proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no
programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento
das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.
Avaliación:

A.-Exame (proba mixta final): 50% da cualificación.

B.-Avaliación continua (solución de problemas): 50% da
cualificación.

Na parte A (proba mixta final) será necesaria unha nota
mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A nota agregada (A+ B)
deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Calquera cualificación inferior a 5 comportará o suspenso na materia. No caso
de que non se supere o 1.5 na proba mixta final (parte A), a nota resultante
será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas notas (parte A e parte B).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes