Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Planificación Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 Os alumnos discutirán e resolverán os casos que os docentes lles propoñan durante o cuadrimestre. Haberá dous casos a través dos que se estruturará a docencia e dos que poderán derivarse minicasos suxeitos a valoración. A avaliación continua centrarase no estudo de casos.
40
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. 60
 
Observacións avaliación

O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades.

Pola súa propia natureza, as actividades de avaluación continua só poderán ser valoradas cando se leven a cabo de acordo coa programación prevista do grupo correspondente. No cálculo da avaliación continua obviarase o resultado obtido na proba con peor cualificación (ou non realizada).

As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía.

Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes