Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Economía Sectorial Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 Un grupo de alumnos debe presentar un traballo sobre a temática da análise estrcutural dun sector industrial 40
Proba mixta B1 B2 C1 C4 C5 Realizaránse de xeito continuo probas sobre o contido dos temas explicados e comentados cos estudiantes. Incluiran probas obxetivas e probas cortas de exposición, discusión o comentario. 60
 
Observacións avaliación


En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Por último, no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", manterase os mesmos criterios que na oportunidade de xullo

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
academica de exención de asistencia:
Na primeira e segunda oportunidade,
os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba
mixta cun peso do cen por cento sobre a cualificación. Consistirá nunha
proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os
estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os
resultados de aprendizaxe da materia.

Os criterios e actividades
de avaliación correspondentes á segunda oportunidade serán os mesmos que
os establecidos para a primeira.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes