Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Facenda Pública. Fiscalidade empresarial Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cunha duración de dúas horas, preténdese introducir os conceptos básicos que constitúen o contido esencial do Tema 1 do programa.
Sesión maxistral Haberá un total de 17 horas. Darase as explicacións conceptuais necesarias para a comprensión da materia e unha orientación sobre as fontes bibliográficas que poden facilitar a comprensión. Estas sesións terán un carácter teórico.
Seminario Realizaranse dous seminarios cunha duración de 2 horas. Os alumnos dividiranse en grupos dun máximo de 20 estudantes. Utilizaranse para profundar en ámbitos da materia, previamente impartida nas sesións maxistrais, que requiran especial atención. Poderase acompañar dunha lectura e comprensión previa por parte do alumno dun texto adecuado a tal fin
Solución de problemas As 25 horas destinadas á solución de problemas terán como obxectivo coñecer o esquema liquidatorio dos os diferentes impostos, así como resolver os supostos que se expoñan en relación a cada un deles.
Proba mixta Será a proba máis relevantes desde o punto de vista da avaliación de alumno. Terá unha duración de dúas horas. A través de preguntas teóricas e de supostos prácticos preténdese valorar os coñecementos adquiridos en relación coas materias desenvolvidas previamente.
Traballos tutelados Proba complementaria a efectos da avaliación. Preténdese conseguir unha aplicación conceptual a un tema específico elixido polo alumno e orientado polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes