Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 B9 C1 O exame tipo test consistirá en 20 preguntas.
Cada pregunta terá un valor de 0.35 puntos na calificación final.
70
Traballos tutelados A12 A11 A10 A5 A7 A9 A3 A2 A1 A22 A21 A19 A17 A16 A15 A14 A13 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B11 B14 B13 B12 B2 C2 C3 C4 C5 C6 Na evaluación dos traballos tutelados valorarase a forma e o fondo do traballo que se entrega por escrito e que será sobre o tema indicado polo profesor, sendo fundamental a defensa oral na aula do traballo tutelado. Na valoración da exposición oral que efectúa o alumno na aula terase en conta a maneira de expresarse, os razonamentos xurídicos adecuados e o manexo correcto da terminoloxía xurídica. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos que sumando a nota do exame a de fora de exame non alcancen o 5 na primeira oportunidade terán que volverse a examinar na segunda oportunidade.

A nota alcanzada fóra de exame manterase ata a segunda oportunidade.

Segunda Oportunidade e convocatoria adiantada

Os criterios de avaliación serán os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes