Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  Business Economics: Management
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A17 A18 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A calificación é a obtida polos traballos tutelados realizados en grupo y será a mesma para tódolos integrantes do equipo. 15
Case study A1 A17 A18 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. 10
Oral presentation A1 B1 B4 B5 Correspóndese coa calificación obtida a título individual na presentación oral dos traballos tutelados.

A presentación oral é obrigatoria para obter, tanto esta calificación, como a do traballo tutelado.
15
Multiple-choice questions A3 A11 A12 A13 A14 A16 A17 A18 A23 Realizarase na data oficial fixada pola FEE (nas dúas oportunidades de exame: Xaneiro e Xullo)

Esixirase unha calificación mínima de 4/10 na proba de resposta múltiple para facer media sumándolle a nota correspondente ó resto de apartados.

No caso de non alcanzar ó menos 4/10 nesta proba, a nota da materia será a obtida nela ponderada polo 60%.
60
 
Assessment comments

A avaliación consta de dúas partes:

1. Avaliación continua (estudo de casos, traballos tutelados e presentación oral): supón un 40$ da cualificación. 
2. Exame final (proba de resposta múltiple): supón un 60% da cualificación.

As actividades de avaliación continua realizaránse ao largo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo.

Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.

Para sumar a nota da avaliación continua á do exame, haberá que alcanzar como mínimo un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%.

É de aplicación a normativa de evaluación, revisión e reclamación das calificacions dos estudos de grado e mestrado universitario, de la UDC (29/06/17).


  • Os alumnos coñecerán as calificacións dos traballos antes da realización do exame de Xaneiro.
  • Os criterios de avaliación e calificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación (Adiantada, Primeira e Segunda).
  • O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia, deberá comunicar esta circunstancia ó profesor ó comezo do curso. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa particulariedade de que o traballo tutelado poderano facer a título individual). No caso deste alumnado, agás
    para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba
    obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un
    calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
  • As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquer outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle.
  • Calquer información, aviso os alumnos,… colgarase nesta plataforma. Enviarase un e-mail notificandoo.
  • É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividades programadas na materia.
  • Na defensa oral do traballo tutelado, participarán obligatoriamente tódolos compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
  • Acordo da FEE: a calificación de "Non presentado" esixe que o alumno non teña participado en actividades que superen o 20% da calificación.
  • Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando traballos ou exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail ca UDC lle asigne.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes