Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 A23 B2 B3 B7 B10 A súa ponderación na avaliación final é do 30%. 30
Traballos tutelados A1 A21 A23 B1 B3 B4 B5 A súa ponderación na avaliación final é do 10%.
Computarase só se a asistencia ás horas presenciáis é de polo menos 2/3 do total de horas.
Poderá recoñecerse a asistencia con anos anteriores, previa solicitude por parte do estudantado.
10
Proba mixta A1 A3 B1 B2 B5 B7 C1 C3 C5 C7 A súa ponderación na avaliación final é do 60%. 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Otorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Plataforma virtual: Para seguir a materia será preciso utilizar a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es. Para isto a cada estudante facilitaráselle un nome de usuario e un contrasinal persoal ao inicio do curso. A información precisa para acceder á plataforma virtual con estas credenciais está en: http://moebius.udc.es. Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis todos os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios, cualificacións das probas de avaliación,etc. Ademais, o estudantado deberá empregar esta plataforma para descargar os boletíns de exercicios persoais que deberán resolver e entregar antes das datas previstas.

Para a segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que en primeira.

Convocatoria de decembro: Para a convocatoria adiantada de decembro se asignará o 40% a avaliación continua durante o curso 2017-2018 e un 60% ao exame.

Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes