A materia Historia da Empresa ofrece unha formación básica ao futuro graduado, orientado a traballar no ámbito empresarial e onde o coñecemento da evolución da empresa resulta determinante á hora de tomar decisións executivas.
O obxectivo da materia é estudar e comprender a figura da empresa e do empresario e o seu papel no desenvolvemento económico (relación entre determinadas formas de empresa e a intensidade do crecemento económico). Estudar os cambios experimentados en tamaño e forma. Posibilitar a análise dos diferentes tipos de empresas incardinados nun contexto histórico. É dicir, a análise dos axentes e as organizacións empresariais en perspectiva histórico-económica ata o século XXI. E, así mesmo, establecer comparacións entre os distintos modelos empresariais ao longo do tempo e dos países.
A materia contribúe a proporcionar unha formación que permite un coñecemento extenso e profundo da evolución da empresa moderna no longo prazo, o seu desenvolvemento e a súa situación actual, capacitando aos futuros graduados para responder de xeito crítico e responsable aos diferentes retos que se lle presenten, contribuíndo á potenciación e mellora da empresa. Permite examinar como se resolveron problemas similares aos que se enfrontan as empresas na actualidade e, xa que logo, é unha ferramenta útil para a toma de decisións. Móstrase que a realidade empresarial é plural, diversa e dinámica. Non pode ser aprehendida cunha teoría universal, nin existe unha única solución organizativa ou tecnolóxica que garanta a excelencia empresarial.
Contingency plan
1. Modifications to the contents
2. Methodologies
*Teaching methodologies that are maintained
*Teaching methodologies that are modified
3. Mechanisms for personalized attention to students
4. Modifications in the evaluation
*Evaluation observations:
5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.