Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A18 A20 A21 A24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os ecriterios de coordinación acordados para a área,

  • As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó 50%
  • Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final. 

De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da cualificación acadada.

De se considerar necesario, poderá publicarse un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas.

Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude.

A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes