Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A18 A20 A21 A24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas ponderacións indicadas nesta guía.
  • Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
  • Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media dos resultados das tres probas de avaliación continua e a proba final, coas ponderacións sinaladas nesta guía.

A avaliación continua basearase nos resultados de tres probas mixtas. A primeira delas pondera un 20% na cualificación do curso, e as outras dúas un 15% cada unha.

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto polo equipo docente da materia., ou cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la avaliación global.

De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación acadada.

De se considerar necesario, poderá publicarse un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou conxunto.

Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, e
calquera outro aparello electrónico  agás as calculadoras permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.

A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes