Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  Business Economics: Finance
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Financial Management I/650G01019
Financial Management II/650G01025

Other comments

A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. As responsabilidades do alumno e do profesor non se limitan a asistir ás aulas: á parte destas aproximadamente 50 horas existen unhas 100 horas adicionais non presenciais, que se corresponden co tempo que un alumno medio debe empregar para o seu traballo persoal (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para as tarefas que se van programando ó longo do cuadrimestre (búsqueda de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). O traballo non remata ó saír da aula, e tamén é importante comprender que non todo o traballo se fai na aula: o plano de estudos está deseñado para que exista este traballo non presencial, e non se pode esperar que na aula se revisen e expliquen exhaustivamente tódolos contidos da materia. As sesións presenciais dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeneral, debatir e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes