Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A21 B2 B5 B14 C1 Haberá varias probas presenciais obxectivas, a súa ponderación na avaliación final é do 30% (3 puntos). Computaranse unicamente se a asistencia a clase (maxistral, solución de problemas e seminarios) é polo menos 2/3 do total das horas. O alumno que alcanzase a asistencia nalgún curso anterior ao 2019-2020 poderá solicitar que se lle recoñeza para o curso actual.
30
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 O exame final (presencial) suporá un 70% da cualificación final (7 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
70
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Poderá ser denegada a entrada na aula do exame con este tipo de dispositivos. É posíbel que nalgúns exames, o alumnado poda utilizar unha calculadora científica non gráfica e non programábel.

Convocatoria adiantada a decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

A primeira e a segunda oportunidade avaliaranse de igual maneira.

Tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo. Se ademais solicitaron a dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas probas obxectivas computarase aínda que a asistencia non sexa, de a lo menos, os 2/3 do total das horas de clase.

Plataforma virtual: A materia poderase seguir utilizando a plataforma virtual do Departamento (http://moebius.udc.es), para isto a cada estudiante seralle fornecido un nome de usuario e un contrasinal persoalizados.

A información precisa para acceder á plataforma virtual Moebius atópase en http://moebius.udc.es.

Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios propostos e resoltos, as cualificacións das probas de avaliación, etc.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes