Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A21 B2 B5 B14 C1 Ao longo do curso haberá varias probas obxectivas, a súa ponderación na avaliación final é do 40% (4 puntos). 40
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 O exame final (presencial) suporá un 40% da cualificación final (4 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
40
Proba práctica A21 B2 B5 B14 C1 A resolución de problemas puntuará un 20% (2 puntos). Nesta proba valorararase especialmente a capacidade de razoamento matemático dos estudantes. 20
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Poderá ser denegada a entrada na aula do exame con este tipo de dispositivos. É posíbel que nalgúns exames, o alumnado poda utilizar unha calculadora científica non gráfica e non programábel.

Convocatoria adiantada a decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

Na segunda oportunidade haberá unha proba mixta que ten un peso do 40% (4 puntos) e máis un test cunha valoración do 10% da cualificación final (1 punto). Reponderarase a avaliación continua para que teña un peso do 50% na avalición final (5 puntos).

O alumnado con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá o mesmo sistema de avaliación que o resto do alumnado coas mesmas obrigas e dereitos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes