Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Réxime Fiscal da Empresa I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 Prácticas na aula de informática utilizando os programas de axuda da AEAT. O alumno terá que resolver distintos exercicios que serán avaliables, incluirase unha declaración do IRPF co programa de axuda da AEAT. Exercicios que deberán entregar á profesora. 10
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 É un exame escrito que constará de dous partes: unha parte teórica e unha parte práctica de liquidación de impostos. A cualificación da proba farase sobre 10 puntos, que será o resultado da valoración conxunta das dúas partes , sendo necesario alcanzar un mínimo en cada unha delas (2,5 puntos). 70
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o alumno á profesora. 20
 
Observacións avaliación

O exame escrito realizarase nas datas fixadas polo centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo. Dita proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de 10 puntos. A cualificación obtida ponderarase polo 70% para formar a cualificación global da materia.Tanto a entrega de exercicios e supostos de liquidación resoltos polo alumno como a de traballos  farase nas datas que estableza o profesor, pero sempre do período lectivo do primeiro cuadrimestre. Non se admitirán traballos fóra deste prazo, pero no caso de presentalos a súa cualificación manterase para a segunda oportunidade do mes de xullo. No mes de xullo só se realizará o exame escrito, non se admitirán a presentación do resto de probas que teñen que realizar

Tal como establece o acordo marco para a elaboración das guías docentes da Facultade de Economía e Empresa:- Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Oportunidade adiantada e segunda oportunidade:os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes