Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa Código 650G01012
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia enmárcase no enfoque da Socioloxía Industrial e do Traballo como unha disciplina que se sitúa nun campo científico de intersección entre a Socioloxía e a Economía. Baséase no estudo sistemático das relacións sociais de intercambio que os individuos establecen entre si e das institucións económicas que desas relacións derívanse. Partindo desta definición, o curso centrarase no estudo da natureza das relacións sociais de índole económica así como nas institucións referidas á produción, distribución e consumo de bens e servizos escasos. Así mesmo preténdese transmitir os principais conceptos desde a perspectiva sociolóxica sobre os cambios nos procesos de produción, na configuración e funcionamento das organizacións e no mundo laboral, cos que analizar e comprender a realidade social do traballo, os cambios que experimentou ao longo da historia e a organización social que caracterizou cada etapa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral (non computa na avaliación). - Obradoiro (computa na avaliación). - Presentación oral (computa na avaliación). - Traballos tutelados (computa na avaliación). - Atención personalizada (non computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican: - Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento das actividades prácticas e dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado para formular consultas, acceder ós materiais necesarios para o desenrolo da materia, así como para a elaboración das actividades prácticas e traballos. - Teams: Sesións semanais (tantas como demande o alumnado) para: a/ comprobar o avance nos contidos teóricos da materia; b/ o seguimento e apoio na realización das prácticas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: - Ningunha. Se manterá o sistema de avaliación baseado nun 100% na avaliación continua, de maneira que os estudantes serán calificados en base os criterios establecidos na Guía Docente. Asemesmo, se valorará das actividades e traballos presentados: - A profundidade, reflexión e capacidade crítica. - O dominio das fontes utilizadas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. - A ausencia de plaxio no contido. *Observacións de avaliación: - Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Os estudantes disporán de todos os materiais necesarios para o desenrollo da materia en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes