Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Na aula se propoñen problemas que os alumnos deberán resolver.
Os alumnos exporán a súa resposta na aula unha vez comprobada a correcta resolución dos casos.
Os problemas ou casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais.
Tamén se plantearán intervencións inherentes ó proceso de enseñanza-aprendizaxe baseadas na exposición verbal a través da cal os alumnos e o profesor interactúan de maneira ordenada, facendo aclaracións ás cuestións planteadas, expoñendo temas e traballos realizados baixo a dirección do profesor. Traballos que poderán ser individuais ou en grupos reducidos e expostos na aula cos medios dispoñibles.
Sesión maxistral As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademáis de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A presenza ou asistencia do alumnado na aula, de acordo coa guia da titulación, se considera obrigatoria e resulta de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor.
Proba obxectiva Os exames da asignatura realizaranse nas convocatorias oficiais en xaneiro e xullo, que corresponden respectivamente coa primeira e coa segunda oportunidade. Tamén se realizarán na data establecida para a oportunidade adiantada. Nesta proba obxectiva se trata de avaliar os coñecementos acadados polo alumno na preparación da asignatura. O obxectivo fundamental da proba obxectiva é avaliar a capacidade de razonamento nos temas propios de Macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións plantexadas. Os coñecementos teóricos e o desenvolvementos matemáticos e gráficos acadados durante a preparación do programa da asignatura serán conveñentemente avaliados na proba. Polo tanto, será unha proba que abarque todo o programa explicado, cun nivel de profundidade axeitado, que non exceda ni sexa inferior ó plantexado no curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes