Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Organización de Empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A16 A17 B3 B5 C7 Estudo vídeos e lecturas durante o curso. 5
Proba mixta B1 B2 B4 C1 C6 Exame final da materia. 50
Estudo de casos A2 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A22 C4 C5 C6 Preparación dos casos de estudo, e participación e discusión en clase. 15
Traballos tutelados A2 A5 A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 A24 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Traballo en grupo: proxecto de desenvolvemento de escenarios. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación continua -estudo de casos; traballos tutelados; presentacións orais; portafolio do alumno- e o exame final valoran resultados de aprendizaxe e competencias distintas. Por tanto, para aprobar a materia é necesario aprobar as dúas partes (avaliación continua e exame final). É dicir, para aprobar a materia é necesario acumular un mínimo de 2.5 puntos sobre 5 na avaliación continua e de 2.5 puntos sobre 5 no exame final. Non se terá en conta nin se gardará a nota do exame final para futuras oportunidades en caso de non superar a avaliación continua. Os criterios de avaliación son os mesmos en todas as oportunidades de cada convocatoria.

En caso de non superar a parte de avaliación continua durante o curso, será posible recuperar algúns puntos mediante traballos tutelados antes da segunda oportunidade (exame de xullo). As actividades que se poderán recuperar son as que non necesitan nin presencialidade nin seguimento continuado, é dicir, os estudos de casos sen discusión en clase (1 punto) e o traballo tutelado (3 puntos).

Os estudantes que queiran presentarse á convocatoria adiantada poden utilizar este mesmo sistema de recuperación dos puntos de avaliación continua. Os estudantes a tempo parcial e con despensa académica de asistencia poderán acollerse a esta modalidade de recuperación da avaliación continua tamén para a primeira oportunidade de exame.

A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes