Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Organización de Empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B3 B5 C4 C5 C6 C7 Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. 30
Traballos tutelados A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 A cualificación estará formada pola obtida nos traballos tutelados realizados en grupo (a mesma para tódolos integrantes do equipo) e pola obtida na presentación oral do traballo e preguntas sobre o mesmo (que será individual para cada alumno/a). 70
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación é continua e consta de dúas partes:

1. Estudo de casos: supón un 30% da cualificación.

2. Traballos tutelados con presentación oral dos mesmos: supón un
70% da cualificación. A entrega dos traballos farase en soporte informático. Na
defensa oral do traballo tutelado, que será presencial (salvo polo previsto no
plan de continxencia), participarán obrigatoriamente tódolos compoñentes do
grupo responsable da súa elaboración.

O estudo de casos realizarase ao longo do período lectivo e non é
posible a súa realización fora do mesmo.

Para sumar a nota do estudo de casos á do  traballo tutelado,
haberá que alcanzar como mínimo un 4 sobre 10 no traballo tutelado. Para superar
a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos
sobre 10.

No caso de non acadar un 4 sobre 10 no traballo tutelado, a nota
da materia será a obtida no traballo tutelado ponderada polo 70%.

 

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Os criterios de avaliación y
cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación.

Gardarase a nota do estudo de
casos (30%) para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos
posteriores. Para a segunda oportunidade haberá que facer ademais un novo
traballo tutelado, que nesta ocasión será INDIVIDUAL, coa correspondente
presentación oral que supoñerá o 70% restante da nota. A presentación oral farase coas mesmas condicións que para a primeira oportunidade.

 

OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS:

- Os criterios de avaliación e
cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación
(Adiantada, Primeira e Segunda). Na convocatoria adiantada é posible a
realización do estudo de casos para a obtención da puntuación correspondente
por este concepto.



- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, deberá comunicar esta circunstancia ao
profesor ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación (coa
particularidade de que o traballo tutelado poderalo facer a título individual).
No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade
no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio
de curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.



- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra
práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma
Moodle.

- Calquera información, aviso.
etc. notificarase aos alumnos por email.



- A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en
actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.

 

- Os alumnos deberán acreditar a
súa identidade dacordo coa normativa vixente.



- Calquera alumno/a sorprendido realizando probas de avaliación mediante
calquera procedemento fraudulento terá unha nota de cero na oportunidade
correspondente.

 

- É responsabilidade dos
alumnos consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes