Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Estatística II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, utilizando os medios audiovisuais e os recursos informáticos dispoñibles na aula. Pode ter diferentes formatos.
Nela presentaranse os principais conceptos de cada tema e exporanse as principais cuestións e problemas a resolver, coa fin de facilitar ao alumno o seu labor de aprendizaxe.
Obradoiro O obxectivo fundamental é a realización de tarefas - sexa de forma individual ou en grupo - por parte dos alumnos, baixo a supervisión do profesor.
Estarán basicamente dedicadas á proposición, debate e resolución de problemas.
Igualmente utilizaranse como complemento e aclaración de cuestións complementarias da sesión maxistral.
Prácticas a través de TIC Nestas sesións introducirase ao alumno no manexo dos paquetes estatísticos máis habituais.
Nelas o obxectivo principal será a utilización de software básico (Excel, SPSS) para resolver problemas de tipo estatístico. Reservaranse para temas de estatística aplicada, fundamentalmente para os traballos de grupo.
Estas sesións realizaranse nas horas especialmente establecidas (fora do horario habitual de clase) para tal efecto. Na guía complementaria da materia especificaranse as actividades a realizar.
Proba mixta Proba escrita para avaliar a aprendizaxe. Nela pódense incluír distintos formatos de pregunta: exercicios, preguntas de resposta breve, preguntas de alternativa múltiple, etc.
Aprendizaxe colaborativa Organización da clase en pequenos grupos para a resolución de problemas de forma conxunta co obxecto de mellorar a aprendizaxe individual e colectivo.
Nestas sesións tamén se realizará, de ser o caso, a presentación oral do traballo de curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes