Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Dirección Financeira I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Na primeira oportunidades, a avaliación obtense a partir dun conxunto de tarefas de avaliación continua de carácter mixto e contido teórico-práctico, a realizar como parte da actividade ordinaria do grupo. Descartarase a actividade con peor cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións correspondentes.
Os alumnos con dispensa de asistencia proporán durante a pimeira semana lectiva do cuadrimestre un programa persoalizado para as súas tarefas, que debe respecta-lo ritmo de traballo do grupo e garanti-la igualdade; de non o facer, acomodaranse ó programa xeral do grupo.
100
 
Observacións avaliación

Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, aavaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir,adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC,mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que noseu caso se realizasen ate o momento.

Dispoñibilidade de recursos técnicos : se asituación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballoordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico,incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsablesde dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder arecursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico.Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexanfacilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación daactividade docente: curso 2020-2021 ”

Cualificación de non presentado : corresponde ós alumnosque participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unhaponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia dacualificación acadada.

Segunda oportunidade : os alumnos que non superen amateria na primeira oportunidade poderán facelo na segunda se obteñen alomenoscinco puntos sumando o resultado dun exame final, valorado cun máximo de cuatropuntos, e a maior das seguintes: a cualificación da avaliación continuapreviamente obtida, e a dun exame de recuperación valorado sobre un máximo decatro puntos.

Oportunidade adiantada : avaliarase a partir dun examensobre 10 puntos.

Uso de dispositivos : durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles,ordenadores, etc. a menos que esta xustificado pola actividade académica e, encalquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante asprobas de avaliación estes dipositivos deberán estar apagados e fóra da vista,a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normasinterpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes