Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Réxime Fiscal da Empresa II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 B3 No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, incluirase na primeira parte un test. 14
Estudo de casos A1 A2 A5 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C7 C8 Exporanse supostos de liquidación dos impostos estudados, que deberán realizar en clase de forma individualizada. Ademais faranse probas de liquidacións realizadas cs programas da AEAT 30
Solución de problemas A3 A5 A7 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académica oficial, inclúense dous supostos de liquidacións de IS e outro de IRNR. Ademáis do test sobre o conxunto da materia 56
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno, cando só participe de actividade de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da cualificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada.  O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso u calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.

4. Sobre as condicións de avaliación final. Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información.

5. Identificación do/a estudante. O/a estudante debe acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación:

Para superar a materia é necesario aprobar o examen final, esixíndose a aprobar cada unha das partes: o test, a liquidación de IS e de IRNR.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes