Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Bases de Datos para a Empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática do centro.
Solución de problemas Resolveranse as dúbidas xurdidas dos problemas propostos tanto nas aulas prácticas como nas teóricas. Tamén se fará un seguimento do desenvolvemento dos traballos tutelados.
Estas aulas celebraranse fóra do horario establecido para a materia. As datas e horas exactas estableceranse durante o curso e quedarán publicadas na páxina web da materia.
Traballos tutelados Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia.
Proba mixta Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos das aulas de teoría e prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes